XOTRAMU programa a obra de teatro “A gata sobre o tellado de Zinc” en Muimenta

XOTRAMU programa a obra de teatro “A gata sobre o tellado de Zinc” en Muimenta

31 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A compañía coruñesa acudirá á Casa da Cultura muimentina para amosar o seu bo facer cunha das principais obras do autor teatral norteamericano Tenesse Williams, que popularizara a película de Richard Brooks con Paul Newman e Elizabeth Taylor como principais protagonistas.

 

A obra narra a conmoción que provoca a inminente morte do ancián patriarca dunha acomodada familia do Sur de Estados Unidos entre os seus sucesores, ante os que se abren as infinitas posibilidades de dispor da fortuna familiar. Os seus dos fillos, Brick -sumiso e cheo de indecisións e Gooper -ambicioso e oportunista- enfróntanse violentamente por alcanzar a supremacia. Brick, incapaz de enfrontarse ás responsabilidades da nova situación, busca refuxio no alcohol. Pero Maggie, a súa esposa, non está disposta a contemplar impasible a destrución de Brick.

Sociedade