ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ás abríu a lagoa de Valdoviño- A Coruña- pola parte máis estreita da barreira natural de area,ás 08.45 desta mañá. Este feito suspende o desaugamento controlado previsto pola Consellería de Medio Ambiente para esta xornada. A posibilidade dunha apertura natural era unha das opcións que barallaba a Xunta de Galicia, no seu informe técnico sobre a si
Dúas horas despois da apertura, (sobre as 10.30) o nivel xa baixara 1,5 metros no vaso da lagoa máis próximo ao mar. A Xunta de Galicia manterá o dispositivo técnico de vixilancia deste espazo natural.
A canle realizada a semana pasada era unha medida provisional e preferente de desaugamento controlado, que obviamente agora se suspende por mor dos acontecementos habidos.
O obxectivo da Xunta de Galicia é levar a cabo unha serie de medidas permanentes, como a construción dun murete de contención ao longo do paseo marítimo e a mellora das canalizacións, para evitar futuras inundacións.
Ademais destas actuacións, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza procederá a redactar un Plan de Xestión do Humidal da Frouxeira, que regulará todos as medidas que minimicen os problemas actuais e permitan mellorar e potenciar o funcionamento da lagoa no seu réxime natural. Está previsto que este plan estará redactado no primeiro semestre de 2012.