A Xunta adiantará o pago das axudas da PAC para paliar a crise do sector lácteo

A Xunta adiantará o pago das axudas da PAC para paliar a crise do sector lácteo

11 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Goberno galego adiantará "en máis de sete meses" o pagamento de 70 millóns de euros das axudas da Política Agraria Común (PAC) aos produtores lácteos. O obxectivo é "inxectar liquidez" ao sector e "pal

Feijóo enmarcou esta iniciativa no compromiso de aboar en xuño "tódalas axudas pendentes" da Xunta cos produtores e correspondentes a 2008, a contía das cales rolda, segundo estimou, entre os 8 e 10 millóns de euros. Así mesmo, discriminarase "positivamente" ao sector lácteo á hora de distribuír os fondos correspondentes ao Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013. O conselleiro de Medio Rural abordará tamén cós sindicatos agrarios o problema de dúmping de prezos como consecuencia da entrada masiva de leite a baixo custo procedente, basicamente, de Francia. Por outro lado, o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural celebrou unha reunión esta mañá con representantes das comunidades autónomas, na que se acordou a realización dunha campaña conxunta de control en orixe dos aspectos que afectan á calidade, posibles fraudes e etiquetado do leite. de consumo e evitar que o baixo prezo derive nestas circunstancias. Estas son declaracións da subdirectora xeral de Planificación e Control Alimentarios, Isabel Pombal.

Os sindicatos agrarios manifestáronse a pasada semana celebrando concentracións en toda Galicia contra a situación insostible das explotacións, e o baixo prezo do leite que non lles permite nin costear a producción.

 

Sociedade