A Xunta albisca unha veta para crear emprego nos servizos sociais

A Xunta albisca unha veta para crear emprego nos servizos sociais

12 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Alberto Núñez Feijóo presentou nesta xornada o seu xiro copernicano en políticas de emprego. O presidente da Xunta convocou no Pazo de Congresos de Santiago a unha ampla representación da sociedade galega para formular o que definiu como un “cambio no concepto da política social”. Os servizos sociais poden ser a un tempo unha ferramenta económica na opinión da Xunta, que fía ao Plan de Actuación Social 2010-2013 a creaci&oacut

O investimento de 2.000 millóns de euros é unha das liñas mestras do plan presentado nesta xornada polo titular do Executivo e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e que será agora sometido á consideración dos colectivos implicados no mesmo e elevado á Mesa do Diálogo Social, antes da súa redacción  definitiva, prevista para o mes de xuño. Os prazos son curtos, porque, segundo Núñez Feijóo, trátase de dar “respostas inmedidatas a necesidades inmediatas”. O presidente autonómico di que este proxecto é “a reacción de Galicia fronte a crise”.

“Igualdade de oportunidades, benestar e emprego” é o lema arredor do que se articula o Plan de Actuación Social, que terá como unha das súas aplicacións prácticas, segundo a Xunta, a creación de 4.500 novas prazas públicas de escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos entre este ano e o 2013. Isto situará Galicia en 2013 por riba da ratio recomendada pola UE de 33 prazas públicas por cada 100 nenos menores de 3 anos, asegura a Xunta. O reforzo das axudas económicas para compensar a redución da xornada laboral dos pais ou o desenvolvemento dunha Lei de Apoio ás Familias son outras das fórmulas recollidas no documento. Hai outros propósitos aínda non declarado expresamente, pero que Alberto Núñez Feijóo, xa adiantou, como a creación de “incentivos fiscais” para rexuvenecer o país, “engrosando a base da pirámide demográfica”. O xefe do Executivo explicou que non hai que pensar en gasto, “senón en investimento”.

Sociedade