ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Augas de Galicia resolveu a caducidade do aproveitamento hidroeléctrico concedido no río das Balsadas, no concello lucense de Ourol, polo que se evitará a súa construción. As características deste aproveitamento non eran compatibles co establecido na normativa do novo Plan Hidrolóxico Galicia-Costa, xa que incluía a construción dun novo obstáculo transversal no río, un azude de 2,5 m de altura e 10,40 de lonxitude de coroació
Segundo lembra a Xunta, xa en xuño de 2011 ditouse o acordo de inicio do expediente de extinción por causa de caducidade do título concesional por incumprimento das cláusulas que rexen a concesión en relación ao prazo estipulado para a execución das obras. Unha vez efectuada visita ao lugar do emprazamento do aproveitamento constatouse que non fora executada ningunha obra.
Os trámites efectuados foron: notificación ao titular do acordo de inicio, información pública no BOP de Lugo e no Concello de Ourol, visita de recoñecemento, informe do Servizo Encargado, audiencia aos interesados, informe xurídico e resolución. Finalmente, a resolución que pon fin ao procedemento de extinción foi ditada o 9 de maio de 2012.