A Xunta insiste en pedirlle ao Goberno central que lle fíe

A Xunta insiste en pedirlle ao Goberno central que lle fíe

27 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Malia as negativas xa manifestadas dende a Moncloa, o Executivo galego teimará, desta volta co apoio de Castela León e dende esta mañá o de Estremadura, en que se aprace o pagamento de 2.584 millóns de euros debido ao Estado pola liquidación negativa dos anticipos a conta recibidos no anos 2008 e 2009. O Ministerio de Economía escoitará as razóns de Galicia a través da conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, que asi

Dúas son as condicións que solicita a Administración Feijóo para adiar o pago: en primeira instancia, que se lle permita sufragar a débeda até que o Produto Interior Bruto da comunidade volva medrar a un ritmo do dous cento; e, de non aceptarse esta circunstancia, que se lle conceda sufragar a cantidade en cinco anos, reservando o cinco por cento dos orzamentos autonómicos a abonar o diñeiro que se lle pide. A Xunta conta co apoio explícito dos gobernos de Castela León e Estremadura, que reclamarán medidas semellantes.

O presidente da Xunta xa manifestou que, malia a negativa inicial do Goberno español, non vai retirar a súa reclamación e continuará a presentela ata que sexa aceptada. Alberto Núñez Feijóo entende que non se pode responsabilizar ao seu gabinete dun gasto que cualifica de “irracional” e que atribúe á administración bipartita que o precedeu. Este mediodía, afirmaba que, se Moncloa pode subscribir débeda a quince anos, as comunidades merecen un trato equitativo.

Institucional