A Xunta promete que haberá Directrices de Ordenación do Territorio antes de que remate 2010

A Xunta promete que haberá Directrices de Ordenación do Territorio antes de que remate 2010

21 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Cando, en aras da austeridade, Alberto Núñez Feijóo anunciou que faría un redeseño de concentración das áreas de Goberno, unha consellaría converteuse na máis relevante de todas polo seu grande poder de investimento. As políticas de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas conviven agora baixo un único mando, o que houbo quen interpretou como poñer ao lobo a cuidar das galiñas. A tarefa de compatibilizar a constru

Dous anteproxectos de lei, 63 decretos, 94 ordes, 419 resolucións, 25 informes e 191 acordos é o resultado da actividade burocrática da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cuxo responsable, Agustín Hernández, salientou que, contrariamente ao que lle critica a oposición, licitou 481 millóns de euros en obra pública, “un 200 por cento máis que o primeiro ano do anterior executivo”. Entre os fitos máis sobranceiros da súa xestión, o Conselleiro chamou a atención sobre o plan de seguridade viaria e o de saneamento de rías, presentados como actuacións urxentes contra a crise. Ademais, destacou a presentación do Plan Move, para rexer a mobilidade en transporte no país durante os próximo anos, e o recente Plan Hurbe, de dinamización de espazos públicos no rural.

En calquera caso, o mellor está por vir. Hernández afirmou que 2010 será un ano “histórico” para Galicia: adiantou a aprobación provisional no presente curso das longo tempo reclamadas Directrices de Ordenación do Territorio, ás que seguirá a ratificación definitiva do Plan de Ordenación do Litorial. O Conselleiro do Territorio definiu os documentos como “os mais necesarios da historia da nosa ordenación”.

O departamento de Infraestruturas da Xunta ten máis actuacións previstas no curto prazo. Antes de remate 2010 tramitarase unha nova Lei de Transporte Marítimo. En breve, “a finais de maio ou principios de xuño”, estimou Agustín Hernández, presentarase a Lei de Augas que integrará toda a estrutura administrativa no ente único Axencia de Augas de Galicia.

Hernández presume de xestionar dunha maneira “máis pequena e austera”. Nese sentido, congratulouse de concentrar baixo o seu mando tres consellarías do bipartito, entre elas, explicou, “a de Vivenda, que nunca debeu existir”. “Esas políticas pódense desenvolver dende o Instituto Galego de Vivenda e Solo, sen inflacionar estruturas ou aumentar gastos”, matizou.

Institucional