Xuntanza moteira na Feira do Tres en Vilarmaior

Xuntanza moteira na Feira do Tres en Vilarmaior

21 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Unha xuntanza moteira celébrase este sábado na Feira do Tres en Vilarmaior. O moto club Jiandeiros convoca aos afeizoados á motocicleta con actividades desde as tres da tarde.

Unha exposición de motos clásicas, touro mecánico, mercadiño de artesanía e cea baile son algunhas das actividades previstas. Habilitouse tamén unha zona de acampada para os participantes. O prezo da cea ascende a 13 euros, 18 se se inclue a acampada e o almorzo do domingo.

Deportes