Xurxo Romaní musica dez cantigas de escarnio e maldicir no seu novo disco

Xurxo Romaní musica dez cantigas de escarnio e maldicir no seu novo disco

05 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O zanfonista galego Xurxo Romaní, afincado en Cataluña, vén de poñer a libre descarga na Regueifa Plataforma o seu terceiro traballo, D´escarnho e maldizer. Un disco no que contou novamente coa compaña do guitarrista-baixista catalá-xaponés Koichi Tanehashi e co apoio no audiovisual do arxentino Osvaldo Ponce. Unha mestura de rock, pop, fun

Romaní asegurou nos micrófonos de Radiofusión que sempre sentiu unha especial devoción por este tipo de cantigas que, a pesares da época na que foron creadas, reflicten explicitamente cuestións como os encontros sexuais.

D´escarnho e maldizer presentarase esta fin de semana en Barcelona, aínda que todos os que o desexen poden escoitar e descargar de balde os dez cortes do disco no netlabel A Regueifa Plataforma.

Cultura