A XXV Xuntanza de Gaiteiros, homenaxe a Xacarandaina

A XXV Xuntanza de Gaiteiros, homenaxe a Xacarandaina

26 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Xuntanza de Gaiteiros de Fene cumpre 25 anos. A nova cita celébrase o sabado 5 de outubro nos locais de Agarimo de Sillobre- Fene- dende as 19.30h. A agrupación "Xacarandaina" da Coruña será homenaxeada nesta edición, polo intenso traballo de investigación realizado durante 35 anos a prol do noso folklore.

Bailes, traxes, canto e música conforman o traballo de campo da agrupación coruñesa, segundo o presidente da Banda de gaitas Airiños de Fene, organizadora da Xuntanza, Valentín García Modrón quen afirma que, a pesar de chegar ás bodas de prata, a XXV Xuntanza de Gaiteiros será unha máis.

Discurrirá con actuacións dos grupos de cantareiras, música e baile de Xacarandaina; coas actuacións dos grupos que conforman a Banda Airiños de Fene e, como convidado, o dúo de gaita e acordeón "Sons do Mendo". Valentín García afirmaba esta mañá que cumplir un ano máis xa é un gran avance.

O sabado 5 de outubro dende as 19,30h desenvolverase a XXV Xuntanza de Gaiteiros nos locais de Agarimo de Sillobre, o mesmo escenario do ano pasado por ser un dos de maior capacidade do concello.

Sociedade