Capítulo 10. María Casares. Eu son do océano

Fotografía Xan Xe

“En Lacanau volviches atoparte co teu Atlántico. Nunca tanto miraches o océano. Nin en Camaret, nin en Bastiagueiro, adicaches tantas horas a contemplalo sen cansarte nunca del. Deuche paz e alegría”. A nai Gloria Pérez fala coa filla María Casares. Desde que saín de España en 1936, sempre vivín en estado de emerxencia, escribe María Casares. De aí, polos camiños da memoria, esta procura apaixonada dunha identidade perdida. De aí esta singular viaxe en busca dos sinais que a revelarían. Aos poucos todo rexorde: a infancia galega, o fatídico Madrid, a guerra civil e a fuxida, a aprendizaxe dunha nova patria, outra lingua, a guerra outra vez e o éxodo, o conservatorio, os primeiros éxitos no teatro, cinema, dramas, excepcionais encontros... E, ao mesmo tempo, como o mar dunha onda a outra, crece a escritura, que debuxa os contornos dunha vida.

CASARES, MARIA. Residente privilexiada. Editorial Trifolium.