Lobos Doentes. Capítulo 25

Souto Varela respira por fin o aire puro dos eucaliptos, carballos e castiñeiros de Vila Cruz. Camiña na compaña de Pereiro sen esquecer as súas ganas de cometer un asasinato cando, precisamente, unha chamada de Márquez ao móbil do policía informa da aparición dun novo cadáver na Coruña. Trátase, ademais, dun coñecido. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

http://173.255.131.18/audio/231222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Henrique Sanfíz, intérprete do inspector Márquez e Antonio Tizón, autor da novela Lobos Doentes.