Lobos Doentes. Capítulo 28

“Nada máis dar a miña conformidade ao novo plan urdido de improviso, saímos todos disparados rumbo ao noso destino, eu con Dimitrov e o noso xefe nun Mercedes penúltimo modelo e catro homes de Souto detrás nun Audi A-6”, desvela o policía Pereiro. O sábado 17 de abril de 2004, o mesmo día que José Luís Rodríguez Zapatero toma posesión como presidente do goberno, Souto Varela sae ao planificado encontro con Vítor Ferreño. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

http://173.255.131.18/audio/281222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Eugenia Sanmartín, directora do podcast Lobos Doentes.