Lobos Doentes. Capítulo 43

“Dirixinme cara á praza de Santo Domingo, onde me sentei xunto a unha nai que xogaba coa súa filla pequena entre as miradas atentas de dous descoñecidos, que, sen motivo ningún, me resultaron sospeitosos de inclinacións pedófilas. Maldito Francisco Sáenz de Gondomar! Dende o meu primeiro contacto con el, vía pederastas por todas partes”, afirma Sánchez Pereiro o 1 de maio de 2004 antes de reunirse con pederastas de verdade. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/180123LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Eugenia Sanmartín, directora de Lobos Doentes.