Lobos Doentes. Capítulo 78

“Coñezo xente, e xente que non padece ningún tipo de trastorno mental senón todo o contrario, xente moi estábel e equilibrada, que goza adoptando un rol de submisión e de maltrato físico e psicolóxico ata un certo grado de dor e sufrimento que lle produce unha sensación gozosa e pracenteira”, responde Lucía á pregunta de Pereiro sobre as prácticas sadomasoquistas. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/080323LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Carmen Sixto, intérprete de Dora Barbeito.