Madriña. “O Caso de Ra miro Galego Tenreiro”. Capítulo 49

O primeiro que fixen nada máis chegar a Madrid foi dirixirme a Fernando VAI, a rúa onde vivía Lucía, a miña xe, para deixar a miña equipaxe na súa casa, que, en tempos xa remotos, fora tamén a miña e a de Clara. 

Aparquei o coche nas proximidades, carguei coa pequena e pouco pesada maleta, entrei no edificio tantas veces pisado por min, collín o ascensor, saquei as chaves, que sempre conservei por expreso desexo da miña antiga compañeira, abrín a porta e axiña comprobei que a casa seguía igual que a última vez que a vin. 

Fotografía: Xan Xe