ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
...pouco a pouco, María foi erguéndote da cama a unha hora prudencial da mañá, axudándoche cada día a vestirte, a atarche os cordóns dos zapatos, e cada dous, a recortar a barba, a ducharte, e obrigarte logo a saír ti só á rúa, mercar o xornal e lelo na terraza, a zona da casa máis iluminada, mentres vía abafada como ti, incapaz de concentrarte na lectura, pasabas as páxinas demasiado rápido ou quedabas coa mirada fixa perdida no diario, sen darse por vencida regalouche un caderno e un bolígrafo a xogo coa intención de que escribises algo, calquera cousa, os titulares máis interesantes ou as primeiras frases que se che ocorresen, pero ti nin escribías nin dicías nada, tan só era ela quen falaba, unhas palabras que, de tanto oílas, aínda agora podo repetirchas de memoria...
Fotografía: XanXe