Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 44

...empeñada en cambiar o ambiente deprimente que aquí se respiraba, María colleu tamén o goberno da casa e marcou unhas rutinas que servisen, polo menos, pra levar unha orde doada de seguir, e xa se encargaba ela de facelo todo, pola mañá facía a limpeza, a compra e a comida, e pola tarde, sempre de cinco a oito, como se dunha cerimonia sagrada se tratase, sacábate a ti de paseo desde Os Castros ata máis aló do castelo de Santo Antón, un camiño de ida e volta que faciades a pé se o tempo o permitía ou no autobús número 2 cando a chuvia insistía en acompañarvos..., 

Fotografía: XanXe