Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 48

Entre os casos que onte me propuxo Márquez, elixín, sen dúbida, o máis difícil e escabroso de todos, un caso no que catro menores de catorce anos violaron unha menor de quince. 

E elixín aquel caso, o máis difícil e escabroso de todos, para confirmar as miñas ideas sobre a relación entre a pornografía e a violación, porque sempre estiven de acordo con aquela consigna, de non recordo agora que autora, que di: “A pornografía é a teoría, a violación é a práctica”. E iso vese con claridade no caso de adolescentes, que non distinguen a realidade da ficción e perciben como reais as fantasías dixitais que inundan as redes, confundindo o comportamento de homes e mulleres na realidade co que se mostra nas películas pornográficas. 

Fotografía: XanXe