Os incurábeis. Capítulo 15

Miro Casabella

Miro Casabella é, aos seus 75 anos, o único representante en activo daquelas míticas Voces Ceibes que xurdiron na década dos sesenta do século XX reivindicando non só a música en galego senón, tamén e sobre todo, a palabra, e a palabra expresada na lingua propia de Galicia. Miro colabora dunha maneira especial no podcast Os incurábeis musicando e cantando un poema reescrito por Antonio Tizón, "Todos os incurábeis teñen cura", inspirado na lectura do volume Siete sonetos medicinales, do poeta arxentino Pedro Bonifacio Palacios, “Almafuerte” (1854-1917).