Os incurábeis. Capítulo 54

"Na ponte da Constitución fun a Madrid por unha cuestión persoal que non tiña nada que ver cos casos que me ocupaban. Souben por boca dun amigo policía que un narcotraficante galego, antigo coñecido meu, ameazara de morte a Lucía, a miña ex, unha xuíza honorábel, incorruptíbel e competente, por metelo na cadea sen fianza." Inspector Pereiro, dixit.