“En noches como ésta: Custo Dalmau” (TVE, 00 h.)

Programa: 
Televisión

Dende que o Che Guevara camiña en baixorrelevo nos peitos adolescentes, facturado en serie por algunha fábrica téxtil americana, nunha das grandes ironías da sociedade capitalista, as camisetas aceptan todo tipo de mensaxes identificativas e son unha prenda multifuncional. En Televisión Española, Juan Ramón Lucas entrevista esta noite a un dos gurús deste universo, o catalán Custo Dalmau, quen tivo o ollo de transformar as antigas Ferrys en artigos de luxo, esborranchando simples trazos de cores e pendurándolles prezos obscenos para deleite do snobismo internacional que atopa máis graza en aforar centos de euros polo trapo que en levar unha mensaxe orixinal do Rei Zentolo. Anda por aí tamén Soraya Arnelas, en plena xira promocional de Eurovisión. Todo “En noches como ésta”, o programa de entrevistas de La Primera, que principia á medianoite.