“Enemigo público” (TVE, 22 h.)

Programa: 
Televisión

Un avogado, Will Smith, convértese no obxectivo da axencia de seguridade nacional por ser sospeitosos de posuír as evidencias do asasinato dun congresista nas que se demostra que o criminal é un axente da lei. Acosado na súa carreira profesional e coa vida da súa familia en perigo fuxe de non sabe moi ben quen mentres comproba que, alguén, nalgures, sábeo todo del.

O filme é dos que se gozan hoxe e se esquecen mañá, pero o mérito está nese goce breve que tan ben sabe conseguir Tony Scott. O seu irmán Ridley é o que colleita os parabéns, grazas a Blade Runner, Gladiator ou Black Hawk Derribado, pero eu sempre tiven predileción polo Scott menos pretensioso e que a principios dos 90 filmou un triplete tan estupendo de cine como “El último Boy Scout”, “Amor a quemarropa” e “Marea Roja”. Tamén lle debemos “Días de Trueno”. Algún pensará que este último é un dato para botar a correr, que é precisamente o que fai Will Smith durante a maior parte da metraxe de “Enemigo público”; que principia ás 10.