“Padre Casares” (TVG, 21.50 h.)

Programa: 
Televisión

Tal vén sendo o éxito do produto que mesmo ten xa unha adaptación na televisión das Illas Baleares. Cómpre agardar que, para que o asunto triúnfe alén Pedrafita, alí onde a adapten, tamén a adopten, fornecéndoa de canto tipismo sexa preciso. A fin de contas, e sen desmerecer aos guionistas, que moito mérito teñen, o anovador non está nas tramas, senón no traballo de campo de pegar a orella nos bares e lareiras a escoitar como se fala de verdade na aldea.

Así as cousas, o “Padre Casares” consigue máis e máis fregueses grazas a un proceso de identificación, de que moitos dos seus espectadores recoñécense na pantalla, algo non moi frecuente para nós na industria audiovisual, que tolera mal as periferias. Agás nos festivais internacionais de cine, onde o exotismo pasma de cote aos xurados, as historias rurais non teñen moita cabida no monocultivo unificador do gran xigante americano e todas as súas adaptacións ao restos de países occidentais. Así que entre beatas de misa de 8, eternos aspirantes a funcionario, curas rosmóns, alcaldes con tendencias caciquís e o resto do catálogo, os espectadores galegos fascinámonos como aquel que recoñece por ver primeira a súa imaxe reflectida nun espello. Veremos se continúa o feitizo. “Padre Casares” volve ás dez menos dez da noite.