ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A min resúltame difícil entender a existencia de filmes como este, que reflicten os máis perversos instintos dunha industria do entretemento que xa non sabe ofrecer estímulo á imaxinación e só premia os investimentos seguros. A saga “Resident Evil” é a adaptación da exitosa serie de videoxogos deseñados por Shinji Mikami para a compañía xaponesa Capcom. Eu seino porque boa parte da nómina do mes se me vai en fornecer de material ocioso as maquinitas que teño na sala, pero non por experiencia propia. Todos os xogos contan historias de supervivencias en lugares infestados de zombies, adaptando para o ocio interactivo os argumentos máis básicos dos filmes de terror para lograr que che súe nas mans o mando da Playstation.
A gran volta de parafuso chega cando un refrito dun xénero cinematográfico transformado en videoxogo, regurxítase e volve asomar na pantalla do cine, simplificando a simplificación. Non hai moito que dicir: a malvada corporación Umbrella é a responsable dun maligno virus que transforma á xente en antropófagos algo pasados de voltas e necesitados da axuda dun estilista. Polo medio anda desmembrando monstros e correndo arreo ata que o suor lle enchoupa a camiseta vaporosa, a fermosa Milla Jovovich que, rodeada de aberracións, loce aínda máis excelsa. Moza guapa, sangue como para regar un prado e taquicardias garantidas. Moi atractivo, pero para min non, grazas. “Resident Evil 2: Apocalipsis” emítese ás once en Televisión Española.