Archiduques ao outro lado da Raia

Programa: 
Músicas e Letras

A banda británica que está a presentar o seu recente novo disco “Tonight: Franz Ferdinand” actuará en Benicassim unhas semanas antes de viaxar ao norte de Oporto. Malia que resta por coñecer a composición definitiva da axenda de concertos, a presenza do conxunto autor dalgúns dos himnos pop definitorios do último lustro animará a moitos a mercar xa as entradas para o Paredes de Coura. Véndense ao prezo de 63 euros o abono e de 43 a admisión para un só día. Están a disposición do público na propia web oficial do evento.