Exitos no campionato galego de clubes de kárate

Programa: 
A Bancada

Os equipos son de 3, 4 ou 5 competidores. O kárate é unha especialidade deportiva que combina forza, rapidez, respiración, equilibrio, tensión e relaxación. Polo momento non é deporte olímpico. Antes de comezar a práctica e ao rematala se realizan saúdos para que os practicantes interioricen os valores de cortesía e respeto polos demáis. A kata é unha sucesión de técnicas de defensa e ataque enlazadas contra un adversario  imaxinario. O kumite ou combate consiste na aplicación práctica das técnicas a un enfrontamento contra un opoñente real.