ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ás 17.14 horas en punto, as campás da Catedral Vella de Lleida marcaron simbólicamente o inicio da Vía Catalá, que enlazou o Voló con Vinaròs. Organizada pola Asemblea Nacional Catalá (ANC), centenares de miles de persoas colléronse as mans para configurar unha cadea humana ao longo de 400 quilómetros para reclamar a independencia de Cataluña nunha festa que quere volver ser histórica un ano despois da multitudinaria manifestación celebrada na cidade de Barcelona. Desde a praza de Catalunya, a presidenta da ANC, Carme Forcadell, pechou a cadea escenificando que a Vía Catalá quedou unida polas dúas bandas.
As mans do compositor Carles Santos e de Lluís Llach encaixaron na raia da fronteira administrativa entre o País Valenciá e Catalunya nun xesto cargado de profundo simbolismo. A xustiza permitiu finalmente este mércores a celebración da cadea humana valenciana e a súa ligazón coa Vía Catalá nun acto celebrado no medio dun ambiente reivindicativo. Miles de persoas iniciaron a 'Cadea humana pola lingua e a liberdade' na localidade de Vinaròs (Baix Maestrat) ás 17.07 horas (hora que simboliza o ano da derrota en Almansa, 1707) e foronse enlazando até chegar á Vía Catalá en Alcanar (Montsià) ás 17.14 horas. Alá, Llach e Santos protagonizaron o apretón de mans.