Lori Meyers para en Galicia a recoller os froitos da xira `Cronolánea´

Programa: 
Músicas e Letras

Esa miscelánea temporal na que recompilan as súas influencias diversas, e que deu orixe ao trabalinguas “Cronolánea”, recolle agora os últimos froitos dunha xira de case un ano de duración. Antes de tomar un acougo, Noni, Alejandro e compaña, fan parada en Santiago de Compostela. Actúan esta noite na Sala Nasa, xunto á banda local Hyde Casinos. O comezo principia ás nove e media da noite.