Luar na Lubre resume 24 anos de carreira `Ao Vivo´

Programa: 
Músicas e Letras

As entradas para o concerto do venres xa están esgotadas. Aos integrantes de Luar na Lubre satisfailles especialmente o recoñecemento do público da súa cidade. Ademais, para agasallalo, contarán con convidados moi especiais que prestarán a súa voz ás cancións. Entre eles figuran Luz Casal, Diana Navarro e Pedro Guerra, así como Ismael Serrano, que participará no disco dende o estudo de gravación, comentou Bieito Romero en Radiofusiòn .

“Ao vivo”, no que se incluirán os temas prediletos da banda e dos seus fans -“que de cote coinciden”, declarou Romero-, estará nas tendas na primeira quincena de marzo. A seguir, Luar na Lubre comezará unha nova xira, pensando xa en festexar un cuarto de século de traxectoria.