O Numancia - Barallobre adiantase ao sábado

Programa: 
A Bancada

O partido entre o Numancia e o Barallobre adiantase para as catro e media da tarde do sábado no campo de cesped artificial de Prados Vellos. O Numancia é un rival da zona, e por iso o partido viviráse como un derby, segundo apunta  o adestrador do Barallobre Agustín Fernandez.

O Barallobre adestrará esta tarde no campo do Ramo. Para o partido de mañá sábado Agustín contará coas baixas de Jorge por lesión e de Pablo por sanción. O Barallobre é cuarto na clasificación con 42 puntos. O Numancia ocupa a novena posición con 31.