O protagonismo dos veteráns

Programa: 
A Bancada
O Parrulo vai camiño do ascenso á División de Prata. Onte logrou unha importante vítoria a pesar da baixa do porteiro Chotto. Todos sabemos a importancia da portería no fútbol-sala. De todas formas os veteráns do Parrulo foron os encargados de solucionar o enfrentamento. Xogaron no quinteto inicial Jorge baixo paos con Manolo Pardo, Pablo Iglesias, Jacobo e Héctor. Mario Cabo sacou posteriormente a Pana, Locho, Pibe e Bolli. Ao final resolveron Pablo Iglesias, autor de catro goles e Pana dos outros dous.
E o Cidade de Narón sumou a súa octava vítoria consecutiva ante o Ourense. Os goles chegaron no segundo periodo do partido.