ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Con el facemos unha viaxe retrospectiva, desde a súa infancia de receptor das marabillosas narracións orais do seu pai, ata a súa implicación na normalización lingüística como creador de historias a través da literatura infantil e xuvenil. Vinteseis anos van xa desde a aprobación da Lei de Normalización Lingüística, punto de partida da obra de moitos escritores que traballaban como ensinantes. Anos de efervescencia creativa e ilusión, compartidas con compañeiros como Agustín Fernández Paz, Antón Cortizas, Paco Martín, Fina Casalderrey ou Ánxela Loureiro.
Falamos do traballo literario de extraordinaria calidade de todos eles, que ten merecido un amplo recoñecemento dentro e fóra de Galicia, do delicado momento que está a pasar o proceso de normalización do galego en todos os ámbitos da sociedade e o retroceso que se anuncia en campos tan sensíbeis coma o da educación. Rematamos a conversa como é inevitábel facelo con Xabier: cun sorriso e a esperanza renovada de futuro.