Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira. Juan López Rico

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe

O humor é un arma contra as censuras e permite contar o que lle di Celestino á súa muller na vida máis íntima sen necesidade de contrastalo, salienta López. Xa os bufóns do rei, os “bobos de corte” tiñan un certo salvoconduto para dicir cousas que, en serio, non se podían dicir. O  seu libro Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira (Galaxia, 2022) achega á persoa lectora unha proposta de humor e convida a mergullarse na biografía dun empresario corrupto a través de máis dun cento de viñetas. “En realidade Celestino é un oligarca” reflexiona López Rico. 
Perfecto Conde
“Para facer humor, como para pescar robalizas, hai que saber darlle ao rabo” apunta Perfecto Conde, autor do prólogo da “Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira”. Conde foi redactor do programa de Televisión Panorama de Galicia. Correspondente en Galicia do xornal El Pais e xefe de investigación da revista Interviú. Investigou en Colombia, Brasil e outros países de Sudamérica sobre as conexións do narcotráfico. Xefe de prensa do Concello de Ferrol entre 1999 e 2003 é natural da Pontenova en Lugo. Abre o seu prólogo referíndose a Seymour M.Hers, o derradeiro gran xornalista americano que conta no seu libro de memorias, Reporter, como unha regra de vida ou morte do xornalismo é a de comprobalo todo antes de dalo por bo.