ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A rapazada é coma unha esponxa máxica que non entende as cousas coma nós,dunha maneira tan racional. Xavier Seoane cre que os nenos son moito máis perceptivos para as artes do que cremos os adultos. O verde vizoso da natureza nesta época da primavera é unha marabilla. Estamos en plena explosión primaveral, apunta o escritor. O mundo da natureza está moi presente en toda a obra de Seoane. A vacaloura, o cempés, o grilo que ademais canta. O mundo dos animais é extraordinario. Ao mellor nun verán, só se ve un vagalume. Hai anos que se ven dous. Pero antes víanse moitos. Iso estámolo destruíndo. Para a rapazada, un gato, un can, un cabalo é un compañeiro.
Os nenos van á escola.
Lúa dorme no berce a perna solta.
Os nenos van ao mar.
Lúa pídelles cunchas para xogar.
Os nenos van á hora.
Lúa pídelles grilos, estralotes, amoras.
Lúa ten enfeitizo.
Se a arrolo e agarimo, quedo eu durmido.
Comeza así o primeiro dos poemas incluídos no libro “Cancións para Ana Lúa” que ven de publicar Xavier Seoane en Edicións Xerais. Escoitamos esta mañá a conversa co autor no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión.
Fotografía: Xan Xe Corral