ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Segundo el mesmo di, o proceso de documentación foi bastante sinxelo xa que se trata de feitos cos que case todo o mundo está familiarizado pola cantidade de imaxes e novas ou incluso pola carnalidade de quen o viviu.
Para recrear esta atmosfera concreta en Celada, Piñeiro recorre á memoria sensorial que “é a máis potente”. Durante o relato atopamos referencias á Mirinda, ao edificio Castromil (derrubado en 1975 para construír o actual aparcamento da Praza de Galicia) ou mesmo ao famoso anuncio dos bolígrafos BIC. Axudan ao lector a evocar un tempo concreto no que se vivía esa sensación de temor, inquedanza pero tamén esperanza. Trátase dunha narración moi cinematográfica, case en secuencias, que axuda a potenciar a intriga ao longo da historia. O autor foi premiado en tódolos xéneros pero afirma que no que máis cómodo se sinte é no poético. Malia esta variedade de premios, insiste en que non está formado en nada, senón que aprende constantemente. Con Celada, Antonio Piñeiro gañou o VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.