Concha do Canizo. Xulia Feixóo

Programa: 
Club de lectura
Clube de leitura de Radiofusión. Radio Redondela

"Escolas de base e asociacións culturais están a transmitir a música e o baile tradicional, aprendendo repertorios e por iso goza de boa saúde". "Concha alterna os golpes coa man dereita e coa man esquerda, fai ritmos moi virtuosos, movendo os dedos con moita rapidez. O seu estilo é delicado e extremadamente virtuoso, pódese comparar co encaixe de Camariñas". Xavier Díaz, Leni Pérez, Xosé Lois Foxo, Miguel Souto, Xisco Feijoo e Guillerme Inacio Costa foron algúns dos compiladores que recolleron a música das Frieiras. "Os traballos de Alan Lomax, Dorothé Schubart e Antón Santamarina son referenciais na música tradicional". "As conversas con Fina, a filla de Concha, -unha muller encantadora que herdou da súa nai a súa alegria e o agarimo pola música- Xavier Díaz e Leni Pérez fixéronme comprender a importancia da figura de Concha no redescubremento da nosa tradición nos anos noventa". "Agora mesmo Guillerme Inacio Costa e máis eu estamos a preparar unha especie de enciclopedia ou diccionario sobre o pandeiro cadrado na Galiza cultural que esperamos que vexa a luz en 2022".