In The Corner 19 de novembro de 2021

Programa: 
A Bancada

Programa con catro convidadas para analizar a xornada. Falamos con Catarina Machado, capitá do Viajes Interrías e con Carla Piñeiro, do Umia, para dar o asubío inicial ao gran derbi do Salnés, que disputarán estes dous equipos o sábado na Bouza. É, polas súas connotacións e o estado dos contendentes, o partido máis salientable da xornada, seguido polo Sárdoma-O. León e, pola parte baixa, o Victoria de Santiago contra o Versalles avilesino. As dúas xogadoras falan da importancia do partido de Barrantes, as virtudes do rival e o ambiente que se vive nos vestiarios na espera do choque. A vitoria 100 en Liga do Deportivo ante o At. Madrid B, Ali (Friol), como mellor goleadora en Liga e na Copa, os catro triunfos consecutivos que leva o Umia, o empate do Victoria de Santiago en Mareo, fechando a peor xeira de derrotas consecutivas na historia das encarnadas, e a imposibilidade do Viajes Interrías para derrotar en San Pedro aos dos equipos da Coruña, Deportivo B e Victoria, protagonizaron as curiosidades. Bárbara Grandal tróuxonos a actualidade do fútbol autonómica abrindo o abano ao comezo da actividade nas seleccións. Para falar do Deportivo-Oviedo Moderno do sábado, en Abegondo, recorremos a unha das nosas emigradas, o oviedista Carlota, que nos falou tamén da súa traxectoria no fútbol madrileño e norteamericano. O programa, ademais do recordatorio sobre a loita contra a violencia de xénero, rematou coa entrevista a Rocío Candal, xornalista, que tamén está implicada no proxecto da primeira colección de cromos de fútbol feminino galego, co soporte de Sportcrom e Que pasa na Costa.