In The Corner 29 de abril de 2022

Programa: 
A Bancada

50 son os programas emitidos de In The Corner, o do fútbol feminino galego. Rematada a competición na Primeira Nacional, entrevistamos a David Ferreiro, técnico do Sárdoma pois, malia que pareza paradoxal, é o único galego da categoría que aínda está a xogarse estar na próxima Terceira División, logo de ficar como o sétimo terceiro. Analizamos o xogo do equipo, a evolución do técnico nestes anos e de como se consigue gañar o respecto que el ten nos vestiarios.

Deportivo e Espanyol xogan un partido importantísimo no contexo das estreitas marxes que manteñen sete equipos. Sete cadros, que nun partido poden pasar de ser primeiros e subir á máxima categoría, estar entre o segundo e o quinto, para ganrantir a permanencia, a ser o sexto ou o sétimo, tendo que pasar por unha perigosa eliminatoria de permanencia. Quen mellor que unha galega con corazón espanyolista, Anair Lomba, para falar do partido de Abegondo.

Logo de facer un repaso ás dúas categorías autonómicas, chmamos ao número doutra das nosas emigradas, Mery Gómez, na actualidade no Parquesol, coa que conmemoramos o ascenso do seu ex equipo, Viajes Interrías, e falamos da súa aposta por ser profesional do fútbol, da realidade do fútbol feminino nunha capital como Pucela, na que deu tantas reviravoltas (Castilla, Rondilla, Valladolid e Parquesol, todo nestes 22 anos) e, por suposto, do Deportivo-Espanyol, contra os que se enfrontou.