In The Corner 8 de outubro de 2021

Programa: 
A Bancada

Xornada moi activa pola estrea da Copa de España con Deportivo e o Friol, xusto ás portas da primeira xornada da Primeira División Galega, que comeza esta mesma fin de semana. Por iso, e aproveitando a presenza do Fundación Osasuna na Reigosa, o programa entrevistou a Kakun Mainz, técnica do conxunto navarro, que valorou, entre varias cousas, a eliminación do seu equipo polas pupilas de Covi Regueiro, ao Zaragoza, que será o rival do Deportivo o domingo en Abegondo, e a súa consideración do cadro galego como un dos aspirantes ao ascenso a Primeira División. No programa valorouse a pasada xornada en Primeira Nacional e o que pode ser a seguinte cun partido estrela, o Viajes Interrías – Friol, para o que tivemos en directo a Patricia, a futbolista do conxunto de Sanxenxo, que tamén falou do seu paso polo Deportivo e a pasada campaña no Pozoalbense. As curiosidades da semana deron protagonismo á deportivista María Ruiz, á histórica derrota do Villestyro na Barrosa, á forza do Mos nas Baloutas, a invencibilidade do Viajes Interrías na zona de Vigo e aos cinco triunfos consecutivos do Friol no que vai de campaña. No apartado autonómico, Bárbara Grandal fixo unha exposición do que van ser as competicións de Primeira e Segunda Galegas e, no final do programa, o protagonismo recaeu en Agus González, presidente do Tomiño, un dos equipos participantes na máxima competición galega. O programa estivo presentado por Manel Díaz.