Deterxentes ecosostibles

Programa: 
Onda ODS

Evitar o uso de plásticos nos fogares é un dos principais obxectivos de 4ECO Narón. Dende este establecemento faise cada día no só unha labor de venda senón tamén de concienciación. Nesta tenda rexentada por Margarita Rodríguez podemos atopar deterxentes e produtos de limpeza ecosostibles a granel, hixiene e cosmética natural. É posible un estilo de vida máis sostible tanto para o noso organismo como para o noso planeta.