Nautismo e igualdade de xénero

Programa: 
Onda ODS

O Salitre Club Deportivo de Redondela, con sede na praia de Cesantes, está a traballar na feminización dos deportes náuticos coa posta en marcha de cursos específicos para mulleres impartidos por monitoras. “O obxectivo é intentar que as mulleres nos sumemos a tódalas disciplinas deportivas”, explica en Onda ODS, Elena Portela, directora do proxecto ‘Alternativa Cultural e de Ocio Sostible na Enseada’ que permite organizar e poñer a disposición da veciñanza numerosas actividades de balde. Ademais das clases dirixidas ao público feminino tamén fan cursos nos que a metade das prazas se reservan para mulleres. Paddle surf, Kayak, wind… son algunhas das moitas modalidades que se desenvolven dun xeito sostible neste punto da enseada dende a súa recente creación no ano 2021.