Retorno sen volta. Xosé Lastra Muruais

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe Corral

 Trinta e tres poemas onde o autor reflexiona sobre o paso fuxidío do tempo e o desexo dun retorno imposible. Sobre a soidade, a dor da perda, mais tamén sobre a paixón amorosa e o desacougo. A poeta Rosalía Fernández Rial afirma no limiar: «Ao anainar este libro entre as mans, lectora, lector, completarás con catarse os ocos do teu baleiro, porque só se pode seguir camiño combatendo a dor con cantos. Sexamos, pois, cómplices dos pequenos himnos cotiáns, tribo verbal, rebeldía fronte á devastación». O libro está ilustrado por Leandro Lamas (Narón, 1973)