RUMBOIA 169 : Xiada – Carballeira Adiante – 1984 (10.58)

Programa: 
Rumboia

O grupo de música tradicional Xiada, nace no ano 1981 na cidade da Coruña. Os seus compoñentes Luis Cardelle e Ricardo Santos ás gaitas e Fernando Hernanz e Xesús Gómez ao tambor e bombo respectivamente, non eran profesionais da música, pero eso non impediu que gañaran varios premios.

Xiada naceu co obxectivo fundamental da investigación da música da gaita e o espallamento de pezas aínda inéditas naqueles tempos. Dita investigación concrétase estudando cancioneiros, obras de compositores galegos contemporaneos, e a música popular aínda viva nas xentes maiores.

No ano 1984 Xiada sacou o seu traballo discográfico “Carballeira Adiante”, un traballo composto por trece pezas cunha interpretación de moitísima calidade.