Rumboia 176: Xose Luís Miguelez – Esperanza

Programa: 
Rumboia

Xosé Luís Miguélez  é un gaiteiro e saxofonista de Ourense, que foi o primeiro gaiteiro titulado superior en Música Tradicional de toda a península, esta honra acadouna no 2006 despois de ser un dos primeiros en cursar esta titulación no Conservatorio Superior de Música de Vigo e de dar en novembro de 2006 o seu concerto de fin de carreira.

Ese concerto é o que se recolleu no disco “Esperanza”, un traballo adicado a súa nai, gravado ao vivo e que editou Dos Acordes.

O disco Esperanza de Xosé Luís Miguélez  presenta un novo repertorio para gaita galega, baseado en composicións que van, dende a música inspirada na tradición, ata unha linguaxe máis contemporánea.

A música de Xosé Luís Miguélez concilia pasado e futuro, historia e presente, soa coma aquelas melodías que os gaiteiros interpretaban porque as aprendían dos programas da radio ou dos vinilos chegados alén do mar. Soa a emigración e a mestura, á posibilidade de facer realidade o soño dos que pedían unha evolución no mundo da tradición. O soño dos que berraban por un futuro ben diferente, aínda que co raigame preso no pasado.