Rumboia 182 – Primordiais – Droguería Moderna (2016)(10.24)

Programa: 
Rumboia

Primordiais é un dúo de arpa, voz e percusión formado por Luís Martíns (luthier de instrumentos de corda e arpista) e Marcelo DoBode (interprete e recompilador de música tradicional), dous curmáns que desde Soutomaior nos ofrecen as súas "músicas de OrTa", melodías recollidas da tradición oral con arranxos simples e efectivos, cunha simbiose perfecta entre a tradición e o modernismo.

Marcelo DoBode e Luís Martíns presentaron o seu primeiro traballo discográfico Droguería Moderna no ano 2016. Un traballo que contou coas colaboracións de Eliseo Parra, Mónica de Nut e Las Piojas.