ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No ano 2003 os gaiteiros David Bellas García e Xesús Riveira Campillo fundan o cuarteto “O Chupacabras” coa finalidade de presentarse a concursos e dar a coñecer pezas da súa propia autoría. Despois duns anos de parón, o cuarteto retoma o traballo co mesmo nome pero con diferente formación no ano 2007, contando na percusión con Rafa Crespo Crespo e Cristian Silva Bóveda. Esta volta ven en parte provocada pola coincidencia dos membros do grupo no departamento de música tradicional do Conservatorio Superior de Vigo. Aparte de en numerosos certames e festivais, teñen participado en audicións didácticas para alumnos de ESO e Bachiller. O seu estilo caracterízase pola sutilidade e emprego de novas armonías en arranxos de pezas típicas do repertorio tradicional, así como en pezas de autor ou da súa propia colleita, conseguindo combinar gaitas e a percusión nunha sola idea musical.