RUMBOIA 227: Batea – "Tampoco somos los Rolling" (2021)

Programa: 
Rumboia

BATEA naceu en Vigo no 2020. Foi fundada por exintegrantes de Virandeira, grupo folk que acumulou un centenar de actuacións e dous discos nos seus dez anos de existencia, Batea fusiona definitivamente os sons da gaita galega co xénero rock, conseguindo un sabor a rock celta instrumental, xa que á formación clásica dunha banda de rock súmanselle tres instrumentos que levan a voz cantante: a gaita, a frauta e o  violín.

Os compoñentes de Batea son : André Taboada (violín), Iván Martínez (batería e percusión), Roberto González (guitarras), David Oitabén (frautas), Chema Alonso (gaitas) e David Casal (bajo).

Para o primeiro  álbum do grupo de folk rock Batea chamado "Tampoco somos los Rolling", apostaron  por un formato físico tan singular como chamativo: una auténtica lata de conserva con anilla de apertura fácil cuxas etiquetas anterior e posterior son a portada e a contraportada, e que alberga no seu interior una memoria USB con forma de mexilón. Ao probalo resulta que está moi rico.