RUMBOIA 52: VERIA – Para botar un pé  

Programa: 
Rumboia

O grupo de Veria de Cospeito (Lugo), gravou o seu único disco no ano 2006,Para botar un pé recolle pezas que tocaba 'Alegría de Muimenta', cuarteto que estivo en activo entre os anos 1946 e 1962, amenizando bailes de salóns e romarías da Terra Chá e arredores. Tamén se recolleron pezas de Antonio da Ermitas, gaiteiro de Pino, e trovas de Antonio Camba e Josefa da Fraga. No repertorio tamén teñen cabida composicións dos membros do grupo e temas tradicionais. O grupo formouse no ano 2002 en Cospeito.Veria é un dos nomes cos que é coñecida a lagoa que existe a carón da Feira-do-Monte, capital do Concello de Cospeito. Segundo a lenda, hai moitos anos pasou por alí a Virxe María e os Valuros, habitantes daquel pobo, non lle quixeron dar pousada. A Virxe asulagou a vila, dando orixe á lagoa actual, hoxe habitada por lavancos, garzas e outras aves de zonas húmidas.