Terra e Mar. Manuel Cendán

Programa: 
Club de lectura
Fotografía: Xan Xe Corral

O amor e o desamor, sen esquecerse da temática social, forman parte do segundo libro de poesía de Manuel Cendán. “Terra e Mar” é o título deste poemario publicado por Balea. Cendán leva máis de trinta anos colaborando en prensa escrita. A súa experiencia previa nos medios axudoulle a encontrar a súa voz reflectida agora nos poemas íntimos de ‘Terra e Mar’. O escritor naronés asegura que somos o que soñamos pero tamén o camiño que facemos. A través dos poemas de Terra e Mar, Manuel Cendán, que se define como “autodidacta”, relata as súas vivencias namentres o amor envolto en diferentes símbolos naturais cobra unha especial importancia.